O PROXECTO
IMCE ten como obxecto fundacional ser a entidade encargada da xestión e da realización dos programas do Concello da Coruña que teñan relación coas actividades culturais públicas de interese para a cidade relacionadas co mundo do espectáculo e as festas así como contribuir á defensa e divulgación dos valores socio-culturais da cidade e potenciar o desenvolvemento das actividades culturais no seu conxunto.
O TRC Danza é un ciclo troncal do Teatro Rosalía de Castro no que se procura dar cobertura a aquelas propostas artísticas máis contemporáneas relacionadas coa disciplina da danza, artes do movemento e artes vivas.
Dentro deste ciclo inclúense accións que forman parte do Programa de Mediación Cultural. Estas actividades de mediación teñen como obxectivo final crear un contexto de relación entre os artistas convidados, os artistas locais e a cidadanía a través da mediación cultural.
O EQUIPO
No 2023 o Programa de Mediación do TRCDanza está xestionado pola empresa ATLANTIC PONTE e coordinado por Kirenia Martínez e Fany Vázquez.
Fany Vázquez é xestora cultural, pedagoga, maestra e animadora sociocultural, así como responsable da empresa Artestudio Xestión Cultural. Leva dende o ano 2005 traballando no mundo da xestión das artes escénicas en Galicia.
Kirenia Martínez é bailarina, coreógrafa e mediadora cultural. Dirixe a súa propia compañía KIRENIA DANZA e o Festival Danzar o Camiño. Codirixe a Cía Entremans dende o 2006 e outros festivais escénicos como o Festival Quincegotas da Coruña e o Festival Festival dos Eidos no Courel.
CONTEXTOS
Director do Teatro Rosalía de Castro e programador do TRCDanza:
Paulo Rodríguez / 981 18 43 49. x.rodriguez@coruna.gal
Coordinación do Proxecto de Programación Expandida:
Atlantic Ponte / 981 57 64 69 info@atlanticponte.com
Coordinadoras do Proxecto de Mediación Cultural:
Fany Vázquez Kirenia Martínez
trcdanza.mediacion@trcdanza.gal